Unha selección polas cinematografías contemporáneas de países da comunidade lusófona
PONTES - Semana do cinema galego-portugués é un proxecto que nace da experiencia de Abella Producións na realización de máis de 15 edicións de festivais e mostras de cinema, que na súa esencia celebran a diversidade e a proximidade dos idiomas galego e portugués. Este proxecto é a continuación da mostra de cinema Ponte Coa Lusofonía, celebrada ininterrompidamente na cidade de Vigo nos últimos catro anos.
Mudamos de nome para ampliar o noso obxectivo e non deixar dúbidas na nosa intención de presentar, durante catro días en Galicia, unha verdadeira festa do cinema galego e dos países de idioma portugués e os seus idiomas orixinarios. O Brasil e demais países africanos de lingua portuguesa tamén teñen os seus idiomas orixinarios, que cada vez gañan máis forza no cinema. Na nosa última mostra, presentamos filmes falados en idioma indíxena e tamén na lingua crioula.
Tamén ampliaremos o número de obras exhibidas, ademais de celebrar mesas para debater a industria cinematográfica, as posibilidades de cooperación, a formación e as novas tecnoloxías.
O proxecto madura consiladándose como unha referencia en Galicia para esta cinematografía, que moitas veces non ten espazo para exhibir a súa potencialidade.
PONTES promove a diversidade do cinema galego e lusófono, continuando a Mostra Ponte Coa Lusofonía. Durante cinco días en Galicia, exhibe filmes en galego, portugués e idiomas orixinarios de países como Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Cabo Verde, Guinea-Bisáu, São Tomé e Príncipe e Timor-Leste. Durante estes cinco días, queremos que a cidade de Vigo volva transformarse na capital do cinema galego e lusófono con esta quinta edición de Pontes.
O noso obxectivo é crear pontes culturais a través do cinema e achegar o público galego ás novas narrativas que están a marcar a creación audiovisual nos países de lingua portuguesa.